Hoxe, primer sábado de Maio como todos os anos é un día moi especial ó celebrarse o XXI Día da Ciencia na Rúa, organizado polo Asociación de Amigos da Casa de las Ciencias. Este ano, xa é a cuarta ocasión na que CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña fai unha cobertura especial en directo dende o parque de Santa Margarida o pe da Casa das Ciencias.
Polos micros de CUAC FM nesta xornada festiva pasaron ducias de rapazas e rapaces que nos emocionaron co seu interese pola ciencia e a divulgación do coñecemento adquirido cos seus experimentos. Se non tiveches ocasión de escoitar en directo as 3 horas de programas acabamos de publicar o podcast para que desfrutes da ilusión que nos trasladaron as persoas que pasaron polos nosos micrófonos.
Reproductor de audioO longo da semana, como fixemos nas últimas tres edicións, iremos publicando as fotos así como os diferentes fragmentos do programa na nosa sección da web dedicada o Día da Ciencia na Rúa.
Moitas grazas a todos, e xa sabedes que se queredes facer radio comunitaria só tedes que contactar con CUAC FM.
Deixamosvos o LiveBlog no que se foron publicando imaxes de todas as entrevistas que fumos realizando hoxe en tempo real.