Escoita cuac FM

Cuac FM a radio comunitaria da Coruña

Leva a radio comunitaria da Coruña sempre contigo! Emitimos no 103.4 FM e en streaming as 24 horas do día para que poidas escoitarnos en directo esteas onde esteas.

En CUAC FM damos voz a quen non a ten, ofrecendo un espazo libre, participativo e sen ánimo de lucro onde calquera persoa ou colectivo pode facer radio. Descubre programas únicos, cultura, música e moito máis á túa disposición en calquera momento.

Coñece a nosa labor e quenes somos

Dende 1996, En CUAC FM damos voz a quen non a ten, ofrecendo un espazo libre, participativo e sen ánimo de lucro onde calquera persoa ou colectivo pode facer radio.

Descubre programas únicos, cultura, música e moito máis á túa disposición en calquera momento.

Coñece o que somos en Cuac FM
Únete a Cuac FM como socio

Fórmate na Escola de Radio de CUAC FM

Queres facer radio pero non sabes por onde comezar? Na Escola de Radio de CUAC FM formámoste para que aprendas todo o necesario: locución, produción e control técnico. Os nosos cursos están abertos a toda a cidadanía, sen importar a experiencia previa.

Desde o noso campus na Zapateira, organizamos formacións regulares para futuros comunicadores e colectivos sociais que queiran usar a radio como ferramenta de expresión. Únete e descobre o poder da comunicación comunitaria!

Anos emitindo
0 +
Programas emitidos
555 +
Horas en directo
65 +
Horas de diversión
3150 +
Fai radio sen límites
Participación aberta
Formación gratuíta
Comunidade única

Faite socio e emite o teu programa de radio

Queres ter o teu espazo nas ondas? En CUAC FM abrimos as portas á participación cidadá para que poidas crear e emitir o teu propio programa.  Forma parte da nosa comunidade e vive a experiencia da radio comunitaria!

Ser parte de CUAC FM é sinxelo e hai varias formas de colaborar: podes ser socio/a e producir o teu propio programa, apoiar a emisora como simpatizante cunha pequena cota anual ou converterte en mecenas dun proxecto radiofónico. Aquí todos temos voz, e ti tamén podes sumar a túa.

Cuac traballa na rede

En CUAC FM apostamos pola colaboración para fortalecer a radio comunitaria. Formamos parte de redes que promoven a comunicación libre e cidadá, garantindo a diversidade de voces e o acceso aos medios. A través delas, compartimos coñecementos e impulsamos proxectos conxuntos.
Asociación Amarc
Mundial

A Asociación Mundial de Radios Comunitarias é a referencia global das radios cidadás e populares. Promove a liberdade de expresión e a democratización da comunicación a nivel internacional.

Asociación Remc
Galicia

A Rede de Medios Comunitarios agrupa e defende proxectos de comunicación cidadá en España. Coordina iniciativas sen ánimo de lucro dentro do Terceiro Sector da Comunicación.

¿Onde atoparnos?

A nosa emisora atópase no campus da Zapateira da Universidade da Coruña, un espazo aberto á participación cidadá e á comunicación libre. Se queres coñecer as nosas instalacións, colaborar ou simplemente descubrir como facemos radio comunitaria, achégate! Consulta o mapa e ven vernos.

Colabora como mecenas – Apoia un programa ou a emisora en xeral

CUAC FM é unha radio comunitaria, independente e sen ánimo de lucro. O teu apoio axúdanos a manter a nosa emisión, formar novas voces e seguir sendo un espazo aberto á cidadanía.

Advertencia

Importante

Por motivos ajenos a CUAC FM, Google ha marcado nuestra aplicación como peligrosa dentro de la Play Store. 

Es posible que la tienda de aplicaciones te muestre un mensaje de advertencia, pero te garantizamos que nuestra app es 100% segura y funciona sin problemas.