Mecenas de Cuac FM
Mecenas de CUAC FM
As seguintes entidades participan neste sistema de mecenado, axudando á Radio Comunitaria da Coruña a seguir comunicando en liberdade. A elas, e a todas as que participaron anteriormente, GRAZAS. De verdade.
Creedence Rock
Heladería Colón
La Sifonería
Fundación citic
Mesón O Recuncho
Pastelería Abrente
Espazo Teu
Crecer Creando
Uka Chaka Libros
Gatopeixe Bar
Brigantium Agasallos
Peña Club de Golf GluGlu

¿Queres ser mecenas de CUAC FM?
Os programas de duas horas poden ter dous mecenas. Por tanto, poderían citar no previo ao podcast a dous mecenas, o mesmo que ao final dos mesmos (e citalos en redes sociais a ambos), co que xerarían os 50€ da sua cuota mensual. A duración do audio insertado no podcast pode extenderse ata 1 minuto e 30 segundos. Cada programa, por mecenazgo, non pode xenerar un importe superior do que lle aporta á emisora.
Opcions:
– 10€: o teu nome aparecerá na web de CUAC, cunha imaxe, descrición breve e ligazón á túa web ou rede social. Recibirás o logotipo de Mecenas de CUAC para exhibir no teu local. Ademais, o teu logotipo e datos aparecerán na cartelería, pegatinas ou merchandising do programa.
– 20€: todo o anterior, máis unha cuña ao comezo do podcast. Importante: non superará os 50 segundos e non poderá incluír as palabras patrocinador ou sponsor. Recomendamos empregar termos como colaborador, mecenas ou mecenado. A cuña debe mencionar que o programa pertence a CUAC FM.
– 25€: todo o anterior, máis unha cuña ao final do podcast e mencións nas redes sociais recoñecendo quen colabora para facer posible a emisión do programa.
Axuda para financiar o teu programa (pero sen facer negocio!)
Se tes un programa e tes ofrecimentos de máis empresas para colaborar co teu programa sería estupendo que lle mandes o contacto á Coordinadora de Promoción por se poden colaborar con outro programa de CUAC que o precise ou aportanto á sua colaboración á emisora con banners para a páxina web…
Os programas poden realizar campañas de crowdfunding ou outras estratexias para cubrir o importe das suas cuotas en CUAC.
Para outras casuísticas debes dirixirte á Coordinadora de Promoción que decidirá que facer nese caso específico que suxires. Se se considera que é unha decisión a tomar na asamblea, paralizarase a tua proposta ata que se celebre unha.
Lembramos unha vez máis que ninguén pode obter rendemento económico polas suas emisións en CUAC FM.
