Escola de Radio

Aprende a facer radio: a túa voz conta
En CUAC FM queremos que calquera persoa poida facer radio. Por iso, desde a nosa Escola de Radio e Asociacionismo, situada no campus da Zapateira, proporcionámosche todas as ferramentas e coñecementos necesarios para crear o teu propio programa. Non precisas experiencia previa, só ganas de comunicar!
O plan de iniciación á comunicación radiofónica é o noso programa formativo dirixido aos novos socios e socias de CUAC. Poden participar persoas sen coñecementos previos de comunicación radiofónica.

¿Qué formación che ofrecemos ?
1. Curso mensual de Iniciación á Radio:
Ofrecémosche un curso mensual adaptado a todas as persoas que desexen aprender comunicación radiofónica dende cero.
- Asociacionismo e medios comunitarios (2 horas)
- Produción e Xornalismo radiofónico: coñece o esencial para producir contidos atractivos (3 horas).
- Técnica e realización radiofónica: aprende a xestionar tecnicamente o teu programa (2 horas).
- Prácticas en directo: pon en práctica todo o aprendido creando e emitindo un programa real (3 horas).
2. Obradoiros e colaboracións comunitarias
En CUAC FM apostamos pola implicación social e cultural con actividades diversas, entre as que destacan:
- Obradoiros especializados: Impartimos talleres de produción radiofónica e podcasting para entidades locais como o Centro Ágora, a Universidade da Coruña ou FEGAUS.
- Proxectos sociais e inclusivos: colaboramos activamente co Centro Penitenciario de Monterroso e a ONG Aliad-Ultreia no programa «Xerando oportunidades de participación en prisión», así como con ASPACE no seu programa “La Radio de los Gatos”.
- Dinamización xuvenil: realizamos talleres de expresión artística para mozos en risco ou exclusión social, en colaboración coa Fundación Xoán Soñador a través do programa “Na rúa”.

¿Quén imparte a formación?
Contamos cun equipo docente formado por persoas expertas e implicadas no mundo da comunicación e da radio comunitaria:
- Mariano Fernández
- Fernando Souto
- Isabel Lema
- Paula Alonso
- Tomi Legido
- Bea Ulalume
- Roberto Catoira
- Roberto Ansede
- Carlos Reguera
- Ozzy de Castro
- Chema Casanova Rodrigo Gil
- Luis Santillana
- Miguel Anxo Facal
Escola de radio e asociacionismo
En 2013 lanzamos o proxecto “Escola de Radio e Asociacionismo” co propósito de fomentar a participación cidadá nos medios, difundir a cultura galega e mellorar a formación en comunicación radiofónica e sociocultural.
As instalacións inauguradas en 2015 contan cunha aula técnica, espazo formativo teórico e biblioteca.
Actividades destacadas:
- Formación mensual en iniciación radiofónica.
- Obradoiros para entidades locais: Centro Ágora, Universidade da Coruña, FEGAUS e outras.
- Colaboracións sociais: Centro Penitenciario de Monterroso, ONG Aliad-Ultreia e ASPACE («La Radio de los Gatos»).
- Dinamización xuvenil: Talleres creativos coa Fundación Xoán Soñador para mozos en risco de exclusión social.

¡Infórmate sen compromiso!
Solicita información sen compromiso e dá o primeiro paso cara a túa experiencia radiofónica.