Colabora con Cuac FM

¿Por qué colaborar con CUAC FM?
Porque non hai outra radio coma esta: libre, comunitaria, sen publicidade comercial, feita por persoas como ti. Desde 1996, CUAC FM é a voz de centos de colectivos sociais, culturais e veciñais que non teñen espazo nos grandes medios.
Cada programa é posible grazas á colaboración voluntaria, pero precisamos axuda para seguir emitindo. E ti podes formar parte deste movemento.
Elixe como queres colaborar
1. Micromecenado con Teaming
Apoia cun só euro ao mes a través de Teaming e forma parte da resistencia sonora, sostendo unha radio libre, independente e feita por persoas que cren nunha comunicación participativa e transformadora.
2. Axúdanos coa túa doazón
A Lei Xeral de Comunicación Audiovisual aprovada en maio de 2010 explicita que os Medios comunitarios non podemos emitir “ningún tipo de comunicación comercial”.
Se consideras que CUAC FM desenvolve unha labor importante podes facer unha aportación a través de PayPal (tamén é posible aportar coa tua tarxeta de crédito) a cantidade que desexes. Son transaccións totalmente seguras.
3. Faite mecenas de CUAC FM
Se es unha empresa, asociación ou colectivo e queres visibilizar a túa marca mentres apoias un proxecto social e cultural, esta opción é para ti.
O que che ofrecemos:
Aportación | Beneficios |
---|---|
10€/mes | Apareces na web como mecenas, con imaxe, descrición e ligazón. Recibes selo físico de Mecenas CUAC para o teu local. |
20€/mes | Todo o anterior + cuña de audio ao comezo de cada podcast (máx. 50 segundos). |
25€/mes | Todo o anterior + cuña ao final do podcast + mención mensual en redes sociais. |

Axúdanos tamén con visibilidade
Se non podes colaborar economicamente pero queres apoiar a CUAC, comparte os nosos contidos, participa na radio ou fala de nós no teu entorno. Cada xesto suma.
Este é un espazo feito por e para a comunidade. E ti, colaborando, formas parte desta historia. Xa o fixeron moitas entidades e persoas que cren nunha comunicación participativa e transformadora.