Novo episodio de ONDA CIENCIA: “Desinformación nos medios de comunicación”

  • Episodio 3X03 “Desinformación nos medios de comunicación”
  • Conversamos coas expertas da UDC Tamara Pazos, Irene González e Laura Morán
  • Abordamos os fenómenos de desinformación no ecosistema mediático que están a socavar a confianza nas institucións e supoñen un risco para a democracia
  • Analizamos como funcionan as estratexias de transmisión de loiadas a través das redes sociais e como afectan aos sectores máis vulnerables, como a adolescencia 

Os expertos alertan sobre a existencia dunha “industria da desinformación” que busca erosionar a democracia, socavar a confianza nas institucións e manipular a opinión pública. Para afondar nas causas e nas consecuencias da proliferación de falsidades ou loiadas e de información manipulada nas redes sociais conversamos con tres investigadoras da Universidade da Coruña:

ESCOITA O PODCAST DE ONDA CIENCIA

Contido do programa

As expertas da UDC debaten sobre as razóns e factores psicosociais e normativos que alimentan a proliferación de mentiras ou loiadas e a desinformación nos medios de comunicación. Un fenómeno amplificado polo auxe das redes sociais e a intelixencia artificial, que intensifican a capacidade de influencia sobre grupos especialmente vulnerables ás mensaxes falsas, con efectos prexudiciais que poden menoscabar a saúde física ou mental.

Así mesmo, entre os principais riscos as convidadas sinalan a afectación ao funcionamento democrático en contextos como o europeo, onde está consolidándose o discurso do odio, racismo e xenofobia, así como mensaxes conspiranoides ou negacionistas científicos.

O programa tamén pon o acento nas posibles solucións, estratexias e abordaxes para contrarrestar este fenómeno, como unha mellor alfabetización mediática e informacional da poboación, a adopción de boas prácticas comunicativas por parte dos propios divulgadores científicos ou a responsabilidade no uso das pantallas en poboacións vulnerables.

ESCOITA ONDA CIENCIA

ONDA CIENCIA pode escoitarse os martes ás 13:00 horas no 103.4 da FM e na nosa web (streaming)  https://cuacfm.org/directo/

Podes escoitar e descargar todos os PODCASTS na páxina web do programa

https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia

Tamén podes revisar os episodios das tres tempadas de ONDA CIENCIA nos espazos de CUAC FM en YoutubeSpotifyAcast, ou Ivoox.

EQUIPO TÉCNICO: 

  • Yolanda Golías Pérez M.ª Cristina Naya Riveiro: idea, proposta de temáticas e expertas.
  • Isabel Lema Blanco: produción, presentación e condución do programa.
  • Chema Casanova: control técnico do programa.
  • Miguel Anxo Facal: edición, posprodución e difusión en redes sociais.

Compartir