Imaxe dos Oscuacs 2018 con Yosi de Y a ti qué te importa? tras gañar un premio.
SEMANA DA MULLER 2018 EN CUAC FM
Con motivo do Día da Muller o 8 de marzo, os programas Cuak’N’Roll, Alegría, Recendo, EnWorking, Spoiler, Heima, Dale Voz, Simplemente Gente, Radiocassette, RadioSénior e EnBoxes tratarán diferentes temas relativos á muller.
LUNS 5 DE MARZO
19h – Cuak’n’roll adicará o seu programa á Música en Feminino.
MARTES 6 DE MARZO
18h- Alegría tratará os mitos e realidades do Día da Muller.
19h – Recendo entrevistará a Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares, creadores do proxecto «Clásicos nunha hora» galardonado co Premio Luisa Villalta de Igualdade.
20h – EnWorking falará da insercion e desenvolvemento profesional da muller, abordando, entre outros temas, o do «teito de cristal».
21h – Spoiler analizará a serie da directora Amy Sherman-Palladino «The Marvelous Mrs. Maisel» onde unha ama de casa dos anos 50 cuestionará os roles femininos da súa época.
MÉRCORES 7 DE MARZO
19h- Heima falará da muller no cine, na música e na literatura.
20h- Dale Voz organizará unha mesa aberta sobre o Día da Muller coas persoas habituais do programa e as traballadoras de UTACA.
21h- Simplemente Gente tratará os Dereitos da Muller nun coloquio con mulleres de varias nacionalidades.
22h- Radiocassette falará das mulleres no mundo da música.
XOVES 8 DE MARZO
13h- RadioSénior entrevistará á artista Guadi Galego e á activista feminista Marta Casal. Falará das «Sin Sombrero» da Xeración do 27, e informará do seguemento da Folga Feminista.
23h- EnBoxes entrevistará a mulleres amantes do motor.