ELECCIÓNS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
O vindeiro 3 de decembro de 2015 celébrase na Universidade da Coruña as eleccións á reitoría, que escollerá ao reitor e á equipa que gobernará a universidade nos vindeiros catro anos.
DEBATE EN CUAC FM
Dentro da cobertura especial de CUAC FM, mañá sábado 28 de novembro ás 12: 00 do mediodía, Julio Abalde e Daniel Pena, os dous candidatos á reitor, visitarán os estudos de CUAC FM para participar nun DEBATE sobre os programas de goberno da UDC para os vindeiros catro anos.
O debate poderase seguir no 103.4 da FM (A Coruña) e a través do noso streaming na web https://universopelo.es/directo
PREGUNTA AOS CANDIDATOS!
Se eres membro da Comunidade Universitaria o se tes interese en coñecer algunha das propostas de Julio Abalde ou Daniel Pena, podes deixarnos as túas preguntas dende xa neste mesmo blogue ou nas nosas redes sociais:
FACEBOOK: https://www.facebook.com/cuacfm
TWITTER:@CuacFM
ESCOITA AS ENTREVISTAS A ABALDE E PENA.
Así mesmo, CUAC FM realizou sendas entrevistas en profundidade para coñecer mellor aos candidatos e ás súas propostas de goberno que podes escoitar ou descargar na seguinte páxina: